Ferrocarril Talyllyn

Coordenadas: 52°35′01″N 4°05′20″O / 52.583647, -4.088783

Locomotora No. 4 Edward Thomas na estación Tywyn Wharf.

O Ferrocarril Talyllyn (galés: Rheilffordd Talyllyn) é un ferrocarril de vía estreita conservado en Gales que aínda funciona nun traxecto de 11,6 km[1] dende Tywyn ata Nant Gwernol, preto da vila de Abergynolwyn. A liña foi inaugurada en 1866 para transportar lousa dende as canteiras de Bryn Eglwys ata Tywyn, e foi o primeiro ferrocarril de vía estreita autorizado pola Lei do Parlamento para poder transportar pasaxeiros usando vapor.[2][3] Malia a escaseza de investimentos,[4] a liña permaneceu aberta, e en 1951 converteuse no primeiro ferrocarril do mundo en ser protexido como patrimonio.[5][6]

  1. Boyd 1965, páxina 85
  2. Mitchell and Eyres, 2005 páxina 7
  3. Boyd 1988, páxina 44
  4. Rolt 1965, páxina 50
  5. Thomas 2002, páxina 32
  6. Ransom 1996, páxina 139

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy